CRTVG

Buscar

Santi Mina recibe a alta médica

Publicado o 22/11/2019 17:16

O Celta vai mañá a Vilarreal. Se cadra, con Santi Mina na expedición. E con outra novidade. Óscar García recupera a figura do psicólogo. Óscar García recupera a Joaquín Dosil, que traballara con Berizzo e con Antonio Mohamed. Iso no aspecto mental.

No futbolístico, Santi Mina está en condicións de reaparecer e veremos en Vilarreal un Celta sen medo a perder máis posesión de balón. É o que entendeu Lobotka tras estes días con Óscar García, ao tempo que critica todo o que pasou ata a data.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019