CRTVG

Buscar

Santi Mina recibe a alta e poderá xogar diante do Huesca

Publicado o 28/12/2020 13:51

A xornada do Celta vén marcada por unha gran noticia: o regreso de Santi Mina, que poderá estar ás ordes de Coudet para xogar diante do Huesca. 

Mina mancárase contra o Cádiz no penalti que dera orixe ao segundo gol. O dianteiro vigués sufrira unha escordadura na clavícula e nun principio falárase de "baixa indefinida" sen precisar datas. 

Pero a última xornada do ano 2020 trae o agasallo da alta médica para Mina, peza chave no ataque celeste desde a chegada de Eduardo Coudet ao banco.