Santi Mina apunta a titular no lugar de Brais Méndez
Publicado o 28/11/2019 16:41
Volve o fútbol a Balaídos e volve a golpe de venres. Un día para facer outras cousas. Óscar García ten un problema na portería. Estréase na casa co Celta e terá a Fran Vieites como meta suplente de Sergio.
Todo apunta a que Santi Mina estará no once de saída. Sería a novidade con respecto a Vilarreal. Santi Mina entraría no canto de Brais Méndez.