CRTVG

Buscar

Santi Mina aposta por Europa na súa presentación coma celeste

Publicado o 19/07/2019 20:34

Santi Mina por fin pisou o céspede de Balaídos coma xogador do Celta. "O proxecto que se está a formar é moi bo, moi positivo para o Celta, para volver estar onde debe estar e eu tíveno claro, quero formar parte deste proxecto e máis na casa", apunta o dianteiro. Na súa fichaxe tivo un papel fundamental Iago Aspas:  "Para min que un ídolo como é Iago amosase ese interese en que eu volvese xogar aquí en Vigo con el para min era unha cousa moi importante". Mina chega a Balaídos disposto a cambiar a opinión que parte da afección ten sobre el: "É un obxectivo, é un reto para min no persoal. Estou preparado, sei que estou capacitado para convertir esa división de opinións en aplausos". O canteirán apunta alto no seu regreso á casa: "Eu anímome a dicir e pensar que temos un equipo para pelexar polos postos europeos, está claro"

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019