CRTVG

Buscar

Santi Fernández, o cociñeiro de Rianxo que triunfa en Australia

Publicado o 16/01/2020 16:18

Nome famoso, home humilde que dubida cando lle preguntamos quen é.

"Supoño que agora son cociñeiro internacional. Pero sigo sendo un rapaz de Rianxo".

Aquel rapaz de Araño que tiña un soño. 

"Coñecer o mundo. Quería ser patrón de barco".

Pero acabou estudando en Santiago para ser cociñeiro. 

"E ao final continuei viaxando polo mundo, que era o meu soño".

E foi gozando do pracer de conectar con clientes de Mallorca, Francia, México, Asia, Rusia...

"Estiven a piques de traballar para o Kremlim, para os dirixentes de Rusia".

Pero escolleu levar a vida familiar que leva en Australia, que o elixiu cociñeiro do ano 2018.

"Da terra e para a terra, esa é a nosa motivación. E deixar un mundo mellor. Escoller produto local, darlle traballo á xente que temos próxima. Isto é canguro; isto, crocodilo, e isto, emú. Contamos historias nun prato",

Define a súa cociña como cociña viaxeira, pratos ideados co asimilado de cada viaxe. Tendo sempre presente a dieta atlántica, como bo galego.

"As miñas fillas non falan ben o galego, e iso é algo estraño... Indubedablemente, gustaríame volver algún día".

Polo de agora, os seus pratos viaxan polo mundo.

Noticias web

16/01/2020