CRTVG

Buscar

Santamaría e Junqueras constatan a falta de acordo sobre o referendo catalán

Publicado o 10/01/2017 21:07

Sáenz de Santamaría afirmou que o Goberno está aberto ao diálogo, pero insistiu en que non ten capacidade para abordar o asunto do referendo

A vicepresidenta do Goberno, Soraya Saenz de Santamaría e o vicepresidente da Generalitat, Oriol Junqueras, constataron hoxe a falta de acordo entre os dous gobernos sobre o referendo pola autodeterminación de Cataluña.

Durante unha xuntanza celebrada esta tarde en Barcelona, Sáenz de Santamaría afirmou que o Goberno está aberto ao diálogo, pero insistiu en que non ten capacidade para abordar o asunto do referendo xa que é, dixo, unha liña vermella. Junqueras advertiu que Cataluña non renuncia ao referendo e que a consulta se fará.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2017