CRTVG

Buscar

Santiago recibe un aluvión de peticións para facer cacharelas en san Xoán

Publicado o 10/06/2021 14:33

"O san Xoán é un día de festa onde celebras cos teus amigos moitas cousas divertidas", comenta unha pequena. Divertirse e saír da espiral de tristura en que nos atrapou a pandemia. Hai ganas de san Xoán e en Santiago xa está engraxada a maquinaria para empezar a organizar a festa. Xa van por 200 peticións para facer cacharelas privadas.

 "O cal quere dicir que a xente ten ganas de interaccionar, de estar cos seus amigos, cos seus familiares, de ter esas ganas de troula que tanto precisamos", reflexiona  Gonzalo Muíño, concelleiro de Festas. No concello barallan agora a posibilidade de permitir reunións de máis de 10 persoas que era o límite que tiñan previsto.

Noticias web

10/06/2021