CRTVG

Buscar

Santa María de Nogueira de Chantada, a Capela Sixtina da Ribeira Sacra

Publicado o 22/07/2019 17:18

Érguese preto do Cabo do Mundo, mirando ao val do Miño, e garda no seu interior un tesouro de cores: un dos mellores conxuntos murais do Renacemento en Galicia. A pedra de Santa María de Nogueira de Miño, igrexa románica do século XII, protexe no interior frescos do século XVI que agora locen con todas as cores orixinais.

Frescos de diferentes épocas que permiten recoñecer como foron os cambios estilísticos conforme avanzaba o tempo. Hai iconografías únicas: unha Resurrección, un Xuízo final, a Anunciación, a Trindade.

As súas obras caracterízanse por unha elevada calidade artística e deixan claro o influxo da pintura manierista italiana e das fórmulas estéticas creadas por Miguelanxo.

Un conxunto artístico que a fai merecedora do nome da Capela Sixtina galega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019