CRTVG

Buscar

Santa Comba de Bande, unha das xoias da arquitectura relixiosa en Galicia

Publicado o 26/05/2018 12:53

Unha das xoias da arquitectura relixiosa en Galicia é, sen dúbida, a igrexa de Santa Comba de Bande, de época visigótica. Esta igrexa de máis de 1.300 anos de antigüidade é un exemplo en si mesmo polos espazos e volumes arquitectónicos e polas pequenas marabillas que agocha no seu interior. Despois da recuperación da contorna, xa se pode visitar. Nós facémolo da man dunha historiadora experta no patrimonio de Bande.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/05/2018