Sanitarios piden máis persoal nunha concentración no Meixoeiro, en Vigo
Publicado o 23/06/2020 15:08
Sanitarios de Vigo concentráronse esta mañá diante do hospital do Meixoeiro no marco dun calendario de mobilizacións convocadas ao longo desta semana. De novo insistiron na súa reivindicación de contratacións dignas, máis persoal para cubrir todo o ano e estabiidade nos seus traballos.
Durante o acto, gardaron un minuto de silencio en homenaxe ás vítimas da pandemia da covid-19.