CRTVG

Buscar

Sanidade vixía a evolución de 11 dos 37 brotes de coronavirus activos en España

Publicado o 01/07/2020 21:29

Sanidade segue con especial interes a evolución de 11 dos 37 brotes de coronavirus activos en España. Son os que afectan o sur de Aragón e de Lleida, o do hospital de Valladolíd, o dun centro de acollida de inmigrantes en Malaga e os que cualifica de brotes familiares-comunitarios en Murcia e na Mariña de Lugo.

Preocupan sobre todo os de Huesca e Lleida. Poderían estar relacionados, pola proximidade xeográfica e porque afectan moitos temporeiros que se moven dun lugar a outro buscando traballo e viven en malas condicións.

Noticias web

01/07/2020