CRTVG

Buscar

Sanidade suma Estremadura e Ceuta ao rexistro de viaxeiros e saen Aragón, Cataluña, Navarra e Madrid

Publicado o 24/08/2021 12:20
Sanidade suma Estremadura e Ceuta ao rexistro de viaxeiros e saen Aragón, Cataluña, Navarra e Madrid
EP

O Diario Oficial de Galicia actualizou este martes a listaxe de territorios incluídos no rexistro obrigatorio de viaxeiros, no que a Consellería de Sanidade incluíu Estremadura e Ceuta no deber de comunicar as chegadas á comunidade galega. Pola contra, con respecto a hai dúas semanas (período de actualización da listaxe), saen Aragón, Cataluña, Navarra e Madrid.

Desta maneira, os viaxeiros que estivesen nalgún dos lugares da listaxe nos 14 días anteriores deben comunicar, nun prazo máximo de 24 horas, os seus datos de contacto e estancia a través da web https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou do teléfono 881 00 20 21. Así, están incluídas, dentro do ámbito estatal, os seguintes territorios: as Baleares, Ceuta, Estremadura, País Vasco e A Rioxa. De países de Europa, a listaxe pasa de 16 territorios a nove, entre os que sae Turquía, Andorra e Irlanda, entre outros. quedan nove na listaxe: Chipre, Francia, Islandia, Illa de Man, a illa de Jersei, Mónaco, Reino Unido, Xeorxia e Xibraltar

A listaxe inclúe todo o continente africano, ademais de en as illas Fixi e a Polinesia Francesa. En canto a Asia, hai un total de 13 territorios (dous menos que hai dúas semanas). Trátase de Afganistán, Bangladesh, Emiratos Árabes Unidos, Indonesia, Iraq, Irán, Israel, Kazaxistán, Kirguizistán, Malaisia, Mongolia, Siria e Tailandia. Saen da listaxe Kuwait e Maldivas.

Finalmente, do continente América son un total de 17, dous menos que hai 15 días, ao saír da listaxe os Estado Unidos e A Arxentina. Quedan na listaxe os seguintes territorios: Aruba, Colombia, Cuba, Curaçao, Ecuador, Guatemala, Honduras, as Illas Virxes Británicas, as Illas Virxes dos Estados Unidos, Nicaragua, O Salvador, Paraguai, Venezuela, Haití, Nicaragua, San Martín e Xamaica.

Esta resolución da Dirección Xeral de Saúde Pública entra en vigor este mércores, día 25 de agosto, e actualizarase nun prazo máximo de 15 días.

 

Noticias web

24/08/2021