CRTVG

Buscar

Sanidade rexistra dúas mortes e 118 contaxios en 24 horas en España

Publicado o 28/06/2020 17:10
Sanidade rexistra dúas mortes e 118 contaxios en 24 horas en España

Sanidade informa de dúas novas mortes por coronavirus en España nas últimas 24 horas. A cifra oficial total de falecidos é de 28.348 persoas desde o comezo da pandemia. Na última semana as comunidades rexistraron 13 falecidos.

Os novos contaxios confirmados por tests PCR son 118. A cifra total de persoas con coronavirus en España desde o comezo da pandemia é de 248.770.

Nos últimos sete días houbo que hospitalizar 137 persoas e 16 pacientes precisaron ingresar nas UCI.