Sanidade revisa as restricións tras as repuntas nas áreas de Vigo e de Santiago
A situación na área sanitaria de Vigo leva 7 días empeorando e a repunta incrementouse desde o ventes. Só nas últimas 24 horas sumou 97 novos contaxios. Do rastrexo de contactos tírase que estarían agromando as consecuencias das xuntanzas durante a ponte do Pilar.
"Son moitos gromos no eido familiar, de xuntanzas, comidas...", aseguraba Javier Puente, xerente da área sanitaria de Vigo.
Na área sanitaria hai dous concellos importantes en nivel 3 de alerta. Primeiro foi Cangas e desde este luns tamén está en vermello polo aumento de contaxios Nigrán.
"Confíar que así como pasamos de verde a laranxa e de laranxa a vermello que baixemos de vermello a laranxa da maneira máis rápida posible. E sempre a disposición da autoridade sanitaria, tanto sexa desde o Goberno de España como do gobrno da Xunta", dixo o alcalde de Nigrán, Juan González.
Tampouco frea a repunta de contaxios na área sanitaria de Santiago. Ames, Ordes e a capital de Galicia están en alerta máxima pola incidencia de covid. O reitor da universidade pide que non se sinale da situación aos estudantes.
"Non confundamos o que son comportamentos illados, que pode habelos e contra os que hai que loitar. Pero non convirtamos eso nun problema xeral da comunidade universitaria" apuntaba Antonio López.
O alcalde de Santiago recoñece que está á espera de novas restricións. O comité clínico reunese o martes para analizar a situación epidemiolóxica en Galicia. No foco, as repuntas en Vigo e Santiago e a evolución en Ourense tras dúas semanas de limitación de movementos co peche perimetral. Segue a ser a área sanitaria máis afectada con máis de 1.500 casos, pero semella que comeza a aplanar a curva de contaxios.