CRTVG

Buscar

Sanidade reitra do mercado todos os produtos da nova marca de carne mechada contaminada con listeria

Publicado o 07/09/2019 14:52

 O lote da carne mechada infectada por listeriose da marca Sabores de Paterna afecta a 298 quilos que se venderon en Cádiz, Málaga, Huelva e Madrid. Segundo a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutición, foi envasado o 13 de agosto con caducidade o 13 de novembro. Polo momento non hai ningun caso confirmado de listeriose relacionado directamente co consumo desta carne . O Ministerio de Sanidade deu orde de retirar do mercado e intervir todos os produtos da empresa ao tempo que pide cautela ás autoridades anadaluzas.
"Pedimos que se estude toda a cadea de produción, que se estuden os puntos críticos, onde se producio o contaxio e a inmobilización inmediata, preventivamente, para que o brote non se estenda, en caso de producirse" di María Luisa Carcedo, Ministra de Sanidade en funcións

A Asociación de Consumidores Fauca esixe coñecer cantas inspeccións se fixo a fábrica situada na lovalidade de Paterna de Rivera, en Cádiz.
" Queremos coñecer cando se realizaron as últimas inspecciones a Sabores de Paterna, se a Xunta de Andalucia cumpriu cos prazos establecidos no plan autonómico en materia de inspección á empresas alimentarias, queremos coñecer en que nivel de risco se clasificou esta empresa e se era un nivel acorde a unha empresa que distribue produtos a nivel nacional" afirma Rubén Sánchez , voceiro de Facua
Os investigadores buscan se hai algunha conexión entre a listeria de Sabores de Paterna e a a empresa Magrudis, onde se orixinou o brote con 207 persoas infectadas en Andalucía, 44 delas aínda permacen hospitalizadas.
 

Noticias web

07/09/2019