CRTVG

Buscar

Sanidade recomenda tomar paracetamol antes de recibir a vacina de AstraZeneca

Publicado o 02/03/2021 12:24

O Ministerio de Sanidade recomenda a administración de paracetamol de forma previa á vacinación co preparado de AstraZeneca como método para evitar reaccións adversas, que son leves, de curta duración e non afectan a todas as persoas vacinadas.

Esta suxestión aparece na cuarta actualización da estratexia de vacinación, publicada o pasado venres por este minsiterio.

Sanidade observou "reaccións locais e sistémicas leves frecuentes tras a vacinación" con AstraZeneca, aínda que maior parte dos casos ten fácil remedio: "Pódense utilizar doses dun 1 gramo de paracetamol previas á vacinación, seguidas de 1 gramo cada 6 horas durante as primeras 24 horas, o que reduce significativamente a dor local, a febre, a cefalea e o malestar posvacinal, sen influír na resposta inmune".