CRTVG

Buscar

Sanidade recomenda o peche de parques e praias polas noites na comarca da Coruña

Publicado o 24/08/2020 18:56
Sanidade recomenda o peche de parques e praias polas noites na comarca da Coruña

A Consellería de Sanidade puxo enriba da mesa o peche nocturno de espazos como parques e praias e o peche de centros cívicos e culturais na reunión de alcaldes da comarca da Coruña deste mediodía.

Ante esta recomendación, alcaldes da comarca consideraron que sería "oportuno" o establecemento de "normas comúns" a todos os municipios para "lograr unha resposta uniforme e un cumprimento máis eficaz das medidas", segundo explicou o concello de Culleredo en palabras do seu alcalde, José Ramón Rioboo, quen tamén incidiu nas dificultades dos concellos para levar a cabo estas medidas en espazos que non sempre son da súa titularidade.

A Consellería de Sanidade confirmou que non vai adoptar, "polo momento", novas medidas restritivas na loita contra a covid-19 nos concellos da área sanitaria da Coruña, "onde a situación é especialmente preocupante".