Sanidade prevé que a poboación galega estea inmunizada a finais de ano
• Reclama que se vacine con AstraZeneca aos menores de 60 anos que recibiron a primeira dose

Galicia podería ter a inmunización completada a finais de ano se se confirma a subministración de vacinas. Así o indicou nunha entrevista na SER a directora xeral de Saúde Pública, Carme Durán.
Conforme o previsto as doses semanais de Pfizer van pasar de 97.000 a 154.000, ás que se sumarán outras 17. 600 de Moderna. Incidiu en que a vacinación da poboación galega pode concluír "antes de finais de ano" se se incrementan o número de doses recibidas e se comercializan antíxenos doutras farmacéuticas, como se prevé.
Carme Durán dixo que o proceso de vacinación avanza a bo ritmo e lembrou que as previsións de recepción de vacinas avanzadas polo goberno indican que as entregas de doses incrementaranse no verán, o que vai permitir alcanzar a inmunidade de grupo a mediados de agosto.
Sobre a vacinación de menores asegurou que o asunto xa se tratou na comisión nacional de saúde pública e se está á espera de que se pronuncie a Axencia Europea do Medicamento sobre a viabilidade.
Lembrou que o 95 % dos maiores de 60 anos recibiron polo menos unha dose en Galicia, e indicou que se comezou co colectivo de persoas de entre 59 e 50 anos, que son unhas 400.000 persoas. Agarda que conclúa este grupo en xuño cando se podería iniciar a inmunización dos menores de 50 anos.