CRTVG

Buscar

Sanidade pídelle ao Goberno que en 15 días digan se autorizan o incremento de prazas MIR

Publicado o 05/02/2019 14:20

Sanidade solicítalle ao Ministerio que aumente as prazas para formar máis MIR en medicina de familia e pediatría, dúas das especialidades en que hai falta de profesionais. Na xuntanza que mantivo este luns coa ministra, o conselleiro de Sanidade reclamoulle ao Goberno central que axilice os trámites para poder incluír estas prazas na vindeira convocatoria do mes de xullo.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, solicitou que lle dean resposta a esta prioridade nun par de semanas, para que poidan, aquí en Galicia, aumentar as prazas de formación e que en catro anos poidan dispoñer de 124 médicos de familia ao ano.

O novo contrato estable para médicos de familia e pediatras, dun ano de duración prorrogable ata un máximo de tres, comezará a aplicarse este mesmo mes.

O conselleiro de Sanidade confirmou que están tendo os últimos contactos para limitar aínda máis a mobilidade. Jesús Vázquez Almuiña considera que é un bo contrato, que mellora moito a situación anterior.

Traballadores dos PAC concentráronse diante da consellería de Sanidade para reclamar melloras no servizo. Sanidade agarda que as primeiras medidas adoptadas nos grupos de traballo para a mellora da atención primaria comecen a aplicarse este mesmo mes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/02/2019