CRTVG

Buscar

Sanidade pacta cos médicos un plan de medidas para mellorar a sanidade na área de Vigo

Publicado o 18/01/2019 21:27

Os xefes de servizo que dimitiron en Vigo pactan coa Xunta un plan de choque para mellorar a atención primaria na súa área. Tras reunirse co conselleiro de Sanidade anunciaron tamén outras medidas xerais. Propoñen convocar unha oferta pública de emprego especial, nun prazo de seis meses.

Tras unha reunión de máis de catro horas, que rematou onte pola noite, o conselleiro de Sanidade e a representación dos xefes de servizo que dimitiron acordaron un plan de choque para a área de Vigo.

Establece varias medidas co fin de mellorar a accesibilidade dos pacientes ao hospital. Queren recuperar as consultas preferentes, permitir a solicitude de probas diagnósticas nas mesmas condicións que os médicos dos hospitais, atender a teleconsulta nun tempo máximo de 3 días, repoñer o material deteriorado e investir en nova tecnoloxía.

Luciano Garnelo, voceiro dos xefes de servizo que dimitiron: "De todas as propostas que traïamos nós, e que foron ben recibidas pola consellería, hai algunhas que teñen prazos. As de Vigo teñen un prazo de 3 meses. A consellería comprométese a implementar todas as propostas".

Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade: "A reunión foi moi importante. Eles falaron sobre todo de problemas locais da área de Vigo e acordamos unhas medidas para tomar e breve período".

Tamén hai outras medidas que afectan todo o territorio galego. Propoñen convocar unha oferta pública de emprego especial, nun prazo máximo de 6 meses, un plan de investimento exclusivo para a Atención Primaria, un reforzo da formación e medios para dedicar máis tempo por paciente. A isto únense os novos contratos estables para médicos de familia e pediatras. Estas iniciativas vanse trasladar aos grupos de traballo que buscan un novo modelo para a atención primaria.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2019