CRTVG

Buscar

España rexistra 93.822 novos contaxios e a incidencia dispárase a 884 casos

Publicado o 26/01/2021 00:04

Sanidade notificou 93.822 novos positivos de covid−19 desde el pasado venres, que elevan os contaxios desde o inicio da pandemia ata os 2.593.382, e continúa subindo a presión hospitalaria nas UCI, cun 40,38 % das camas ocupadas, fronte ao 37,61 do pasado venres.

Ademais, rexistrouse este luns un novo aumento da incidencia acumulada ata os 884 casos por cada 100.000 habitantes, nove puntos más.

Segundo os datos facilitados polo Ministerio de Sanidade, contabilizáronse 767 fallecidos desde o 22 de xaneiro, e a cifra total é de 56.208, dos que 1.369 foron notificados nos últimos sete días.

O director do Centro de Coordinacion de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, comentou en conferencia de prensa que a evolución dos contaxios vai de "xeito máis lento e estariamos comezando a descender desde hai uns días".

"O pico da terceira vaga situaríase na fin de semana do 16 e 17 de xaneiro", segundo o experto, quen incidiu en que estes son datos non confirmados aínda e alertou da alta ocupación das UCI españolas con pacientes covid−19.

Máis sobre actualidade