CRTVG

Buscar

Catro mortes máis elevan a 2.256 os falecementos pola covid-19 en Galicia

Publicado o 02/03/2021 20:44
Catro mortes máis elevan a 2.256 os falecementos pola covid-19 en Galicia

Sanidade notificou o pasamento de catro persoas diagnosticadas por coronavirus. Con estes datos, a cifra total de decesos elévase a 2.256 dende o comezo da pandemia na nosa comunidade.

• Na xornada de onte faleceron un home de 74 anos no CHUAC e unha muller de 76 anos no CHUO.

• Nas últimas 24 horas perderon a vida un home de 84 anos no CHUF -procedente da residencia de meiores Laraxe- e un varón de 89 anos no CHUVI.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, todas elas presentaban patoloxías previas.