CRTVG

Buscar

Sanidade notifica a morte de nove persoas por covid−19, 2.196 dende o comezo da pandemia

Publicado o 23/02/2021 20:32
Sanidade notifica a morte de nove persoas por covid−19, 2.196 dende o comezo da pandemia

Sanidade acaba de informar do falecemento de nove persoas diagnosticadas con coronavirus. Con estes datos, a cifra total de decesos dende o comezo da pandemia ascende a 2.196 en Galicia

• Onte perdían a vida unha muller de 78 anos no CHUAC, outra muller de 78 anos no mesmo hospital, un home de 87 anos no CHUS, unha muller de 85 anos no Hospital de Monforte, unha muller de 57 anos no CHUF e un varón de 89 anos no CHUAC.

• Hoxe faleceron un home de 40 anos no CHUAC, un varón de 79 anos no CHUAC e un home de 95 anos no CHUS.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, todas elas presentaban patoloxías previas.