Sanidade notifica sete novos falecidos pola covid, 2.220 desde o comezo da pandemia
Publicado o 26/02/2021 20:52

O Servizo Galego de Saúde vén de informar do falecemento de sete persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Con estes datos, a cifra total de decesos elévase a 2.220 desde o inicio da pandemia en Galicia.
• Na xornada de onte faleceron un home de 72 anos no CHUF, un varón de 87 anos no CHUAC, unha muller de 76 anos no CHUAC, un home de 98 anos no CHUAC, un varón de 70 anos no CHUVI e un home de 62 anos no HULA.
• Nas últimas 24 horas perdeu a vida unha muller de 89 anos no CHUF.
Segundo informa Saúde Pública, todas elas presentaban patoloxías previas.
Máis sobre Galicia
12/04/2021 21:51
12/04/2021 20:58