CRTVG

Buscar

Sanidade notifica 4 mortes por coronavirus nas últimas 24 horas en España e 43 na última semana

Publicado o 30/05/2020 16:55
Sanidade notifica 4 mortes por coronavirus nas últimas 24 horas en España e 43 na última semana

Os contaxios confirmados por probas de PCR soben na última xornada a 271 persoas. O venres foron 187. Madrid e Cataluña son outra vez as comunidades con máis positivos contabilizados, 95 e 88 respectivamente. Representan un 67 por cento dos infectados no último día.

Desde o comezo da pandemia morreron en España 27.125 persoas, conforme os datos oficiais, e tiveron a enfermidade 239.228.