CRTVG

Buscar

Sanidade notifica 23.480 novos casos, 2.099 en 24 horas, e 139 mortes máis

Publicado o 05/10/2020 18:38

O Ministerio de Sanidade comunicou esta tarde 23.480 novos casos de covid−19 relativos a esta fin de semana, 2.099 deles diagnosticados nas últimas 24 horas, un descenso en comparación cos 3.722 do venres.

A cifra total de positivos desde o inicio da pandemia sitúase xa en 813.412, segundo as estatísticas oficiais. Nas últimas dúas semanas, 27.533 persoas iniciaron síntomas de covid−19 e foron diagnosticadas positivamente, 6.657 nos pasados sete días.

O informe recolle 139 novos falecementos con diagnóstico positivo de covid−19, dado que a cifra global ascende a 32.225, fronte aos 32.086 do documento do venres.

No últimos sete días morreron 366 persoas con diagnóstico confirmado de covid−19, unha cifra claramente menor ás 538 do informe do venres. Son Madrid, Castela e León e Andalucía as tres comunidades con peores datos.

A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase xa no 9,36 por cento (8,77 % o venres) e no 18,32 por cento nas UCI (17,99 % onte).