Sanidade investiga a morte dun home de 36 anos que se vacinara con Janssen
Publicado o 26/07/2021 13:04

O Ministerio de Sanidade investiga a morte dun home de 36 anos, en Sevilla, que tivo un ictus dez días despois de recibir a vacina de Janssen.
Cando comezou a sentirse mal achacouno aos efectos secundarios do fármaco, ata que o seu estado empeorou e foi trasladado en ambulancia a un hospital. Alí confirmaron que sufrira un ictus e horas despois faleceu.
É a primeira vez que se investiga en España a posible relación entre un falecemento e a vacina de Janssen. De momento, o vínculo causal non está confirmado e puido ser unha coincidencia no tempo.