CRTVG

Buscar

A web de Sanidade informa da incidencia acumulada a 14 días da covid-19 en cada concello

Publicado o 21/11/2020 16:47

Unha nova ferramenta informativa está á disposición de todos os galegos. Desde esta fin de semana poden atopar na páxina web que a Consellería de Sanidade ten activada cos datos sobre a incidencia da covid-19, os relativos aos casos activos concello a concello, unha información detallada que viñan demandando os municipios desde hai tempo e que o Goberno galego se comprometera a activar o antes posible.

Agora poden acceder a esta información desde o móbil ou calquera aparello con conexión a Internet. Están todos os concellos galegos e rexistra os casos activos sempre e cando superen a decena.

 

Noticias web

21/11/2020