CRTVG

Buscar

Sanidade fará un cribado de 3.000 mostras en Ames

Publicado o 27/09/2020 15:00

Esta semana realizarase un cribado masivo de tres mil mostras entre os veciños do Milladoiro, no concello de Ames.

Desde o xoves o Milladorio sumouse ás restricións extra para frear a extensión de casos de covid-19, unhas restricións que, segundo o Concello, non están motivadas por un elevado número de contaxios, senón pola existencia dun gromo familiar de difícil seguimento, ao tratarse de persoas asintomáticas ou con síntomas leves.

Con este cribado agárdase frear unha posible trasmisión da pandemia neste núcleo urbano.

Noticias web

27/09/2020