CRTVG

Buscar

Sanidade fará probas aleatorias en determinados grupos de idade na Coruña

Publicado o 14/08/2020 21:00

Nas últimas 48 fixéronse 1.700 probas de coronavirus na comarca da Coruña. Ata agora chaman aos contactos das que deron positivo. Pero ao haber transmisión comunitaria Sanidade vai dar outro paso para tentar frear a propagación do virus. Quere testar na cidade a persoas dos grupos de idade en que se detectan maís casos, sobretodo xente nova.
Tamén a colectivos con máis risco de contaxiarse: forzas de seguridade, persoal das farmacias e do servizo de atención domiciliaria.
Á par o concello intensificará a limpeza e desinfeccións das rúas e porá maís medios para vixiar o cumprimento das restriccións.

"Estase a reforzar para garantir o cumprmento desas medidas implementadas pola Xunta de Galicia que nos pediron aos concellos e o estamos a facer sen problema, claro", aseguraba a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

Outros concellos da comarca tamén reforzaron a vixilancia. E algúns como Sada, Oleiros ou Abegondo pídenlle a Sanidade que lles faga a proba da covid a colectivos que traballan cara ao público.

Na área sanitaria da Coruña hai 618 casos activos, e ainda que seguen aumentando, este venres fíxerono menos ca en xornadas anteriores. Só houbo dous novos ingresos hospitalarios e non hai ninguén en uci. A área sanitaria de Ferrol ten seis casos máis co xoves. No gromo de Cerdido, vinculado a un campamento de verán, son 15, un maís co día anterior.


 

Noticias web

14/08/2020