Sanidade fai un chamamento para que as mulleres embarazadas se vacinen canto antes
O Sergas está convocando todas as persoas que por unha ou outra razón aínda non recibiron a vacina. E unha das prioridades neste momento é vacinar as mulleres embarazadas. Unha vez resoltas as dúbidas iniciais, hai consenso científico de que deben facelo canto antes.
As citas poden pedirse no 981 21 59 30.Os datos clínicos garanten que as vacinas son seguras, e tamén inmunizan os bebés. Os xinecólogos recoméndano sobre todo porque as novas variantes teñen máis capacidade de producir enfermidade grave. De feito, nesta quinta vaga aumentou o número de embarazadas que tiveron que ingresar por covid. Recomendan chegar vacinada ao segundo trimestre, polo menos cunha dose.
As vacinas indicadas para as xestantes son as de ARN mensaxeiro, é dicir, Pfizer e Moderna.