Sanidade fai cribados nos barrios con máis contaxios de Ferrol e Narón
Á área de Ferrol tamén mellora moito, pero segue habendo puntos concretos con datos moi altos nos que están facendo cribados por PCR. Falamos de rastrexos en barrios concretos de Ferrol e de Narón.
Por protección de datos, Sanidade non di que barrios son, pero confirma que desde a fin de semana están a facer eses cribados dirixidos no covidauto deste hospital Novoa Santos de Ferrol.
Neste tipo de cribados, a diferenza dos masivos, o Sergas chama por teléfono aos veciños dunha determinada zona para facer unha PCR, porque detectan que hai moitos positivos no barrio e buscan frear a transmisión. De feito nestes 2 concellos baixou a incidencia acumulada nos últimos días, pero a cifra segue a ser moi alta, con 502 casos no caso de Ferrol e de 380 en Narón.