CRTVG

Buscar

Sanidade estuda rebaixar as restricións no Carballiño pola súa boa evolución

Publicado o 18/11/2020 20:16

As rúas do Carballiño son a mellor mostra da situación aquí dende hai semanas. As restriccións empezaron a principios de outubro, chegaron a ser as máis estritas de Galicia. Agora, ante a boa evolución dos datos, din que precisan un respiro, un pequeno alivio nas medidas.

Con 27 casos activos, 161 menos que hai un mes, as autoridades sanitarias coidan que as medidas surtiron efecto, e iso podería traer cambios nos vindeiros días grazas á mellora dos datos nas últimas semanas.

Tamén Verín chama a atención pola curva descendente no número de contaxios. Hoxe ten 21 casos activos. Igual que no Carballiño, as restriccións comezaron aquí moito antes de que se estendesen polo resto de Galicia.

Con todo e malia a mellora dos datos, en Verín e O Carballiño seguirán polo de agora coas mesmas restriccións.

Noticias web

18/11/2020