Sanidade estuda que os nenos poidan saír en franxas horarias de menos calor
Publicado o 07/05/2020 13:31
O Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas están a revisar as franxas horarias nas que poden saír os nenos para dar paseos para que poidan facelo en momentos do día en que non faga tanta calor.
Así o anunciou o ministro de Sanidade, Salvador Illa, durante a súa comparecencia no Congreso dos Deputados, na que detallou que se trata dunha medida orientada a protexer a saúde os menores e que o Ministerio vai tomar conxuntamente coas comunidades autónomas nas que a temperatura empeza a ser máis alta.
"Nalgúns lugares empeza a facer moita calor e é recomendable que os nenos e nenas poidan saír noutras horas en que as temperaturas non sexan tan altas", explicou Illa, que non detallou de que comunidades se trata.
Máis sobre actualidade
28/02/2021 22:42
28/02/2021 21:18