Sanidade estuda poder vacinar a quen estea de vacacións noutra comunidade
Achéganse as datas de verán, e preocupa que á xente lle coincida a cita de vacinación con viaxes e desprazamentos. Pois ben, Sanidade estuda hoxe se é posible administrar as doses nos lugares de destino, nunha comunidade diferente á habitual.
É algo que propuxeron varias comunidades e o Ministerio móstrase disposto a debatelo. Sería a solución para os moitos españois que están facendo cálculos para que a vacina non lles coincida en vacacións. Poder poñeren a dose, a primeira ou a segunda, na comunidade onde estean.
Saberase se se confirma nas próximas horas e tamén o procedemento que habería que seguir. O obxectivo é que non se atrase a vacinación e seguir coa meta de que o 70% da poboación estea vacinada en agosto. Este luns,abría a porta a esa posibilidade de vacinarse noutra comunidade o director do Centro de Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón.