CRTVG

Buscar

Sanidade estuda ampliar os horarios dos restaurantes con certas condicións

Publicado o 13/04/2021 14:49

Pasada a Semana Santa, o comité clínico volve revisar as restricións en Galicia cunha situación boa, segundo o conselleiro de Sanidade, e estable, coas mesmas cifras, practicamente, que antes da ponte de San Xosé.

Por iso non descartan aliviar certas restricións, como os horarios dos restaurantes, que están analizando co sector. Estaría condicionada a que se amplíe tamén o toque de queda ata as once da noite, que tamén se debate esta tarde. Ademais, imporíase a cita previa, o rexistro dos clientes ou a instalación de medidores de CO2.

O conselleiro tamén fixo un chamamento a non baixar a garda, manter a máscara, limitar as reunións e acudir aos cribados, e anunciou que se ampliarán a toda Galicia os test de saliva nas farmacias.

Tamén anunciou que o Consello da Xunta aprobará este mes a convocatoria de 120 prazas no Sergas para reforzar a atención á saúde mental neste contexto pospandemia.

Noticias web

13/04/2021