Sanidade estuda ampliar os horarios na hostalería a vindeira semana
Publicado o 10/03/2021 15:13
Sanidade baralla a posibilidade de comezar a ampliar os horarios na hostalería a partir da semana que vén. Iso si, sempre e cando a situacion epidemiolóxica o permita.
Esta posible flexibilización anunciouna o conselleiro de Sanidade esta mañá cando deu conta das últimas conclusións do comité clínico.
Non se desbota que haxa un nivel complementario e unha adaptación deses horarios aos distintos niveis semellantes aos que había antes de xaneiro.
Polo momento, esta semana o horario de peche para os locais de hostalería que poidan abrir continúa sendo ás seis da tarde.