CRTVG

Buscar

Sanidade establece restricións en Laxe, Lalín, A Guarda, O Rosal, Vilaboa e Poio

Publicado o 12/09/2020 11:03

• Quedan prohibidas as reunións de máis de dez persoas e limítase ao 50% a ocupación nos locais comerciais e de hostalería

A Xunta permite a reapertura das terrs dos locais de ocio nocturno

• Consulta no DOG as medidas que entraron en vigor esta noite

A Consellería de Sanidade decidiu esta mañá establecer medidas restritivas nos concello coruñés de Laxe, e nos concellos pontevedreses de Lalín, A Guarda, O Rosal, Vilabaoa e Poio, logo da reunión do Subcómite clínico de expertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica en Galicia.

Entres as medidas que terán que adoptar estes concellos destacan a limitación da ocupación ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado, entre outros.

Tamén se establece a limitación ao número máximo de 10 persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública; así como a redución da ocupación en celebracións, velorios e lugares de culto.

Estas medidas serán publicadas esta tarde no DOG e entrarán en vigor desde ás 00:00 horas desta medianoite. Ademais, apuntou que, a posible ampliación ou redución deste conxunto de medidas será revisado no prazo máximo dunha semana.

Cómpre destacar que, no caso de celebracións como vodas, bautizos e comuñóns non se poderá superar o 50% da ocupación do salón de banquetes nin o número máximo de 50 persoas para lugares pechados e de 100 persoas no caso de celebrarse en espazos ao aire libre, se ben este apartado da norma non entrará en vigor até o vindeiro luns, polo que non afectará aos eventos previstos para esta fin de semana.