Sanidade enviará este luns o informe para que Galicia pase á fase 2 do desconfinamento
Publicado o 16/05/2020 13:14

Galicia solicitará este luns ao ministerio de Sanidade que a comunidade pase á fase 2 da transición á normalidade. No informe volverá pedir a mobilidade entre as catro provincias galegas, porque a Consellería de Sanidade asegura que a situación da pandemia en todas as áreas está a ser igual.
O conselleiro de Sanidade asegurou esta mañá na Radio Galega que o Sergas cumpre con todos os novos indicadores pedidos desde o goberno central, que son máis esixentes. Almuíña avanza que a primeira fase do estudo do Sergas deixa un 1,15 % de seroprevalencia na comunidade.
Tamén asegura Sanidade que Galicia está preparada para a detección precoz de casos de coronavirus e así menciona o grupo de rastrexadores que comezou o seu traballo esta semana.