CRTVG

Buscar

Sanidade decide hoxe se alivia algunhas restricións en seis concellos da Mariña

Publicado o 14/07/2020 20:45

A Mariña ten 163 casos activos, 21 menos nun só dia. A Consellería de Sanidade e o comité clínico avaliarán este mércores a situación e poderían decidir un alivio no confinamento de polo menos seis dos 7 municipios que teñen restrinxida a mobilidade.

Desde o pasado venres, os veciños de Ribadeo, Xove, Cervo, Viveiro, Foz e Barreiros só poden desprazarse entre eles. Declaran ter medo e tranquilidade a partes iguais, pero desexan que se levanten axiña as restricións.

A incógnita é Burela, o municipio con máis casos activos, pero que leva xa dous días sen rexistrar novos contaxios. O Sergas anunciou que será precisamente aquí onde empezará a facer probas diagnósticas aos colectivos mais expostos ao coronavirus.

O xerente da área sanitaria da Mariña, Ramón Ares, anuncia que as probas non se farán só ao persoal sanitario senón a todos os colectivos que estiveron máis en contacto coa xente durante o último mes.

O estudo epidemiolóxico estenderase ao resto dos concellos da Mariña en función da súa situación.

Noticias web

14/07/2020