CRTVG

Buscar

Sanidade dará a coñecer este mércores as medidas acordadas no comité clínico

Publicado o 03/11/2020 21:38

A esta hora segue reunido ese comité de expertos que asesora a Xunta. Das súas recomendacións dependerá que se manteña ou non o peche perimetral que hai nas cidades galegas desde o pasado venres. Unha medida que xunto coa limitación das reunións a non conviventes afecta un total de 23 concellos. Nalgúns da provincia de Ourense levan case un mes con esas restricións. Nesa revisión terase en conta non só a evolución da curva de contaxios, tamén os casos activos, a presión asistencial e hospitalaria e os ingresos en UCI.

Noticias web

03/11/2020