CRTVG

Buscar

Sanidade confirma a chegada "dunha partida importante" de AstraZeneca esta semana

Publicado o 31/05/2021 16:46
Sanidade confirma a chegada "dunha partida importante" de AstraZeneca esta semana

O conselleiro de Sanidade confirmou a chegada "dunha partida importante de AstraZeneca" a finais desta semana. Segundo Julio García Comesaña, serán 75.000 doses.

Esta entrega, asegurou nun acto en Lugo, permitiralle ao Sergas contar co "stock necesario para vacinar as persoas menores de 60 anos que voluntariamente queiran recibir a segunda dose de AstraZeneca".

Ademais, o titular de Sanidade anunciou para esta semana un "pequeno atraso" na subministración de Moderna e a recepción de 154.000 unidades de Pfizer. 

 

Noticias web

31/05/2021