CRTVG

Buscar

Sanidade confirma 150 casos de coronavirus, dos que sete están na UCI

Publicado o 03/03/2020 15:05

Os casos de coronavirus en España seguen aumentando 20 novos infectados no día de hoxe eleva a cifra ata os 150 casos. Só Galicia, Murcia e Aragón escapan, polo de agora, ao COVID-19.  

Só en Madrid pasaron de 28 a 46 doentes de onte a hoxe. Alí teñen un profesor infectado e en Euskadi un cento de médicos en corentena. 

18 casos máis nun só día segundo a comunidade autónoma de Madrir, e 5 dos contaxiados están graves na UCI. Madrid e Vitoria son as cidades españolas más afectadas pola epidemia, non só en número de doentes, senón tamén en dificultades para atopar a orixe dos focos e para frear a cadea de posibles contaxios. Malia todo, mantense o nivel de risco de contención, á espera de que remate a investigación sobre 15 casos que están aínda sen confirmar, a maioría deles en Madrid.

En toda España están contabilizadas máis de 130 persoas infectadas por coronavirus e hai 15 pendentes de confirmar, a maioría delas na Comunidade de Madrid. Madrid e  Vitoria, seguen sendo as zonas máis complicadas. O problema é que se descoñece a orixe dos focos, o que impide determinar a cadea de contaxios e dificulta o seguimento para frear novas infeccións.

"En Madrid están a examinarse todas as pneumonías víricas que chegan aos hospitais", dixo Fernando Simón, director do Centro de Alertas e Emerxencias Sanitarias.

De momento mantense o nivel de contención, á espera de que os 15 doentes pendentes de analizar e confirmar aconsellen tomar outras medidas, que en calquera caso serían sempre en zonas moi concretas e específicas.

"É certo que pode haber novos casos de orixe descoñecido, e se eses quince se confirmar son así, estariamos mais cerca que onte de cambiar de escenario", engadiu Simón.

Sanidade valora tamén a posibilidade de ampliar a definición de caso de coronavirus nesas zonas máis sensibles, e mantén un seguimento especial dos médicos infectados, xa que obrigan a retirar temporalmente dos seus postos de traballo sanitarios cos que estiveron en contacto, o que podería minguar a atención ao paciente.

Dos doentes diagosticados en toda España, hai 7 na UCI, aínda que en situación estable.

En Galicia, a Consellería de Sanidade habilitou un novo número de teléfono para dar información xeral sobre o coronavirus. 

É o 900 400 116. A chamada é gratuíta. A aquelas persoas que presenten síntomas do coronavirus recoméndaselles non acudir directamente ao centro sanitario. Deberán chamar ao 061.

 

Noticias web

03/03/2020