CRTVG

Buscar

Sanidade confía nos contratos de continuidade para o persoal médico

Publicado o 24/02/2019 18:02

A Consellería de Sanidade confía nos contratos de continuidade, que comezarán a facerse nas próximas semanas, para darlle estabilidade ao persoal médico. Nunha entrevista na Radio Galega, Jesús Vázquez Almuíña asegura que esta fórmula permitirá mellorar a dispoñibilidade de profesionais na atención primaria.

O conselleiro de Sanidade asegura que o Goberno galego ten vontade de cambio, pero pide confianza e paciencia para mellorar a atención primaria. No borrador presentado esta semana, propón unha dirección exclusiva, un xefe de servizo con máis atribucións e un orzamento independente.

Tamén pretende incrementar a coordinación entre a atención primaria e a hospitalaira, definir novos roles e ampliar atribucións ao persoal de enfermería. Varios colectivos profesionais amosaron o seu desacordo con esta fórmula. No canto á falla de persoal médico, o conselleiro confía nos contratos de continuidade, unha fórmula pola que tamén está a apostar Euskadi.

Sobre o conflito das ambulancias, pídelle ás partes que cheguen canto antes a un acordo e condena os atentados aos vehículos de urxencias.


 

Noticias web

24/02/2019