CRTVG

Buscar

Sanidade concretará esta semana o presuposto para a reforma da Atención Primaria

Publicado o 25/02/2019 16:03

O orzamento específico para Atención Primaria é unha das propostas que recolle o borrador do Sergas. Tras as queixas dos médicos sobre a falta de concreción, a Consellería de Sanidade responde que esta semana fixará a contía exacta.

Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade: "Nos últimos tres anos a Consellería de Sanidade fixo un plan de necesidades para a atención primaria hospitalaria, para a área sanitaria, e agora a idea é facer un plan independente para Atención Primaria. Nesta semana faremos unha cuantificación exacta".

A Consellería de Sanidade tamén salienta a necesidade de incrementar o número de profesionais e a súa preparación.

Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade: "Queremos xerar máis xente formada e facer máis ofertas públicas de emprego para estabilizar ese persoal e crear, por exemplo, contratos como o novo contrato de continuidade".

O conselleiro dixo, ademais, que queren potenciar que os servizos se acheguen aos cidadáns a través dos centros de saúde e dos hospitais comarcais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2019