Sanidade comunica dúas mortes, o que eleva a 2.483 a cifra total de falecidos

Na tarde deste mércores, Sanidade comunicou dúas mortes vencelladas á covid. Trátase dun home de 93 anos que morreu no CHUF e unha muller de 90 que faleceu no CHUAC. Ambos tiñan patoloxías previas. Dende que comezou a pandemia morreron 2.483 persoas en Galicia.
Aumentan lixeiramente os casos activos (+21) e os contaxios diarios seguen a superar o milleiro
Os casos activos por coronavirus aumentan lixeiramente (+21) na xornada de hoxe e suman un total de 18.643. Das PCR realizadas, 1.103 deron positivo en Galicia, aumentando en 29 probas positivas con respecto á xornada anterior. A área sanitaria da Coruña é a que agrupa máis PCR positivas (295), mentres que a área de Vigo descende notablemente con respecto a onte (227).
Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:
Vigo: 4.623 (-23)
A Coruña: 4.297 (+153)
Pontevedra: 2.662 (-41)
Santiago: 2.214 (-2)
Ourense: 1.596 (-68)
Lugo: 2.171 (-41)
Ferrol: 1.080 (+43)
Por outra banda, diminúe o número de persoas hospitalizadas en planta (-7), deixando un total de 250, mais aumentan as persoas en UCI (+6), alcanzando as 52.