CRTVG

Buscar

Sanidade comunica 15.680 novos contaxios e 102 mortes, coa incidencia á baixa

Publicado o 10/08/2021 17:59
Sanidade comunica 15.680 novos contaxios e 102 mortes, coa incidencia á baixa

Segue a baixar a taxa de incidencia da covid no conxunto de España. Este martes sitúase en 528 casos por 100.000 habitantes, a 14 días, fronte os 549 deste luns. No informe desta xornada engádense 102 falecementos e 15.680 novos contaxios. Deles, 8.001 foron diagnosticados nas últimas horas. 

No caso dos hospitais, son 10.001 os pacientes ingresados por mor da covid. E deles 1.987 atópanse na UCI. Nas últimas horas ingresaron 1.175 persoas e recibiron a alta 1.519. Con todo, dende que comezou a pandemia faleceron 82.227 persoas no noso país.