CRTVG

Buscar

Sanidade comeza co cribado para frear o gromo de Mariñamansa, en Ourense

Publicado o 28/08/2020 14:39

Sanidade comezará este mesma tarde cos primeiros test. Escolleron selectivamene unhas 300 persoas da zona que non presentaban síntomas para detectar novos positivos e así cortar a trasmisión da enfermidade. Contactaron con eles por teléfono ou por SMS. As probas realizaranse nun novo punto covid no hospital Santa María Nai.

Polo momento, das nove persoas confirmadas con coronavirus neste gromo dúas están hospitalizadas, o resto a seguimento domiciliario e en corentena. Os veciños piden vixilancia para que os afectados non saian da casa.

Dous bares da zona de Mariñamansa foron os primeiros en pechar as súas portas ao detectarse ese gromo social no barrio. Nos carteis fan unha recomendación. Todos os clientes que nos últimos quince días estiveran nos establecementos, que informen para poder facer as probas. Máis establecementos están pechados e outros locais pecharán nos próximos días. Hai preocupación entre os veciños, pensan que podería haber moitas persoas afectadas.

Segue medrando na provincia de Ourense o número de casos activos, chegando case aos 300, a maioría non presentan complicacións e están a seguimento domiciliario.

Noticias web

28/08/2020