CRTVG

Buscar

Polo menos 49 mortos nun ataque contra dúas mesquitas en Nova Zelandia

Publicado o 16/03/2019 11:41

Os musulmáns extreman a seguridade nas mesquitas tras o atentado de Nova Zelandia, que deixa 49 persoas mortas e 20 feridas de gravidade. O autor, un ultradereitista xenófobo de 28 anos, entrou en dúas mesquitas da cidade de Cristchurch disparando indiscriminadamente contra os fregueses con armas automáticas. Disparaba e gravaba cunha cámara que levaba suxeita á cabeza e que trasmitía o masacre en directo por Facebook.

Está detido e este sábado pasará a disposición xudicial. Hai outros dous detidos por suposta colaboración, ningún deles tiña antecedentes. O presunto autor confesou nun vídeo que o facía para acabar con inmigrantes e refuxiados.

As reaccións non se fixeron esperar. Tras os rezos do venres, os mais importantes para os musulmáns, as protestas sucedéronse nas rúas. Estas son imaxes de Turquía. A bolsa de Nova York gardou un minuto de silencio ao inicio dunha sesión na que as accións de Facebook cotizaron á baixa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/03/2019