CRTVG

Buscar

Sandro Rosell di que non cobrou comisións "nin legais nin ilegais"

Publicado o 26/02/2019 15:31
Sandro Rosell di que non cobrou comisións "nin legais nin ilegais"

O ex-presidente do Fútbol Club Barcelona, Sandro Rosell, sostivo na Audiencia Nacional que o labor de intermediación entre a empresa saudita ISE e a Confederación Brasileira de Fútbol foi legal. Negou que cobrase comisións, segundo insiste a Fiscalía, que solicita 11 anos de cárcere por supostos delitos de branqueo. Rosell rexeitou contestar as preguntas da Fiscalía por entender que a acusación está chea de erros e falsidades.

Noticias web

26/02/2019